Non será a primeira vez, nin a última, que me escoitaredes dicir que con case calquera cousa se pode facer música... velaquí un claro exemplo... Que vos parce si lle chamamos tubeirófono?
Música para as emocións escolares: porque en calquera estilo músical podemos atopar inspiración e sentimento.
mércores, 27 de novembro de 2019
venres, 15 de novembro de 2019
All my loving... con todo o meu amor!!!!!!
E seguimos co tema das versións, neste caso, cunha das cancións do coñecido grupo británico "The Beatles"; para que vexamos ben como pode cambiar unha mesma música, póñovos dous vídeos, un coa versión orixinal e outra coa versión do grupo español "Los Manolos". A ver que vos parece!!!!!
martes, 12 de novembro de 2019
Vámonos en tren...
"O tren" é unha composición do galego Andrés do Barro (1947-1989), nesta ocasión nunha versión do grupo de rock (tamén galego) Siniestro Total.
martes, 5 de novembro de 2019
Non todo é o que parece...
Ás veces, levámonos algunha outra sorpresiña na vida... os que estaban nesta igrexa, na película "Sister Act" (Emilie Ardolino, 1992) tamén a levaron... pois a música nunca deixa de sorprendernos...
domingo, 3 de novembro de 2019
Un pouco de canto lírico tampouco ven mal...
Hoxe, tralo pequeno lapso desta ponte, antes de volver ás aulas, quérovos propoñer a audición deste gran tema, "Nessun Dorma", cantada polo grandísimo tenor italiano, xa falecido, Luciano Pavarotti. Agardo que vos guste.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)