martes, 31 de marzo de 2020

Quédate en tu casa, de Adrià Salas.

Adrià Salas, cantante do grupo Pegatina e compositor de "La venda" que interpretó Miki en Eurovisión, escribiu neste tempo de confinamento pola pandemia do covid-19 a canción "Quédate en tu casa". Unha idea que grazas á colaboración de 16 'artistas confinados' convertiuse nun videoclip colgado no seu canal deYouTube.
Unha canción que nos trasmite ledicia e vitalidade.
Anímate a aprendela.

xoves, 26 de marzo de 2020

La Oreja de Van Gogh

Con motivo do que estamos vivindo, o grupo "La Oreja de Van Gogh" fixo unha fermosa canción en homenaxe a todo o mundo que está traballando para protexernos, e tamén de homenaxe a todos nós, que estamos nas nosas casa, coidándonos e coidando aos demais... estámolo facendo moi ben!!!!
Ánimo a todos, que xa nos queda menos... e recorda....
QUÉDATE NA CASA!!!

mércores, 18 de marzo de 2020

Un pouco de música apocalíptica...

A música senpre inspira sentimentos. A obra "Carmina Burana" de Carl Orff está inspirada nun conxunto de poemas medievais que fan gala do gozo por vivir e do interés polos placeres terrenais, polo amor carnal e polo goce da natureza, criticando as clases sociais en xeral, especialmente ás persoas que ostentaban o poder.
Imos ver que sentimentos che desperta esta maravillosa obra musical.

luns, 16 de marzo de 2020

En tempos de coronavirus... un pouco de esperanza

Desfrutade desta preciosa canción, da súa letra, da súa música... e que pronto nos volveremos a ver no cole!!!!!!!