xoves, 2 de abril de 2020

E seguimos resistindo...

Se hai unha canción que está sonando moito durante este tempo é a canción "Resistiré" do Dúo Dinámico, formado en 1985 polos cantantes Manuel de la Calva e Ramón Arcusa, e que aínda se atopa en activo. Considéraselles un dos grupos pioneiros e máis influíntes do Pop Español e foron compositores e productores para outros artistas, como do famoso "La la la" co que Massiel ganou o Festival de Eurovisión en 1968 representando a España.
Sen dúbida, convertiuse no himno español da pandemia do coronavirus, polo que un numeroso grupo de artistas latinos puxéronlle voz, titulándoo "Resistiré 2020", que son: Álex Ubago, Álvaro Soler, Andrés (Dvicio), Andrés Suárez, Blas Cantó, Carlos Baute, Conchita, David Bisbal, David Otero, David Summers, Despistaos, Diana Navarro, Ele, Georgina, India Martínez, Iván (Efecto Pasillo), José Mercé, Josemi Carmona, Manuel Carrasco, Melendi, Mikerl Erentxu, Nil Moliner, Pastora Soler, Pedro Guerra, Pitingo, Rosana, Rozalén, Rulo, Sofía Ellar, Susana (Efecto Mariposa) e Vanesa Martín.
Deixovos varias versións:
1.Versión Orixinal cantada polo Dúo Dinámico:
 2.Versión 2020, con numerosos artistas, catalogado como himno da pandemina Covid-19
3.Por último, unha versión Karaoke, por si te animas a facer a túa propia versión...